O libro conta con abundante documentación gráfica e coa transcrición e analise dun amplo e valioso repertório transmitido por Adelino Pichel sen olvidar tamén as principais referencias para o mundo da gaita no s.XX filiadas a Forcarei: Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo e Jesús campos. No CD podemos escoitar en versión orixinal unha selección de 33 gravación inéditas de Adelino Pichel realizadas entre 1984 e 1990 por Juanjo Fernández. O CD inclúe tamén dúas gravacións inéditas de outros gaiteiros do concello: Castor Cachafeiro, membro dos míticos Gaiteiros de Soutelo de Montes e Jesús Campos.