isotipo maril

Somos unha tenda de instrumentos tradicionais galegos, situada a poucos kms de Santiago de Compostela, en Cacheiras, municipio de Teo

CONTACTO:

tenda@marilmusica.com

613 04 59 94

 

Travesía de Cacheiras, 12, portal 3,

15883, A Coruña

 

Nós

Nós

Maril música

Somos unha tenda de instrumentos tradicionais galegos, situada a poucos kms de Santiago de Compostela, en Cacheiras, municipio de Teo.

Traballamos cos artesáns máis reputados da nosa comunidade na fabricación de instrumentos.

Servizo 24h.

Preparamos os envios nacionais en menos de 24h.

devolucións

En caso de calquera problema co teu instrumento, facilitámosche a devolución.

PAGO SEGURO

Contamos cun servizo de pago seguro onLine.

SEGUIMENTO DE PEDIDO

Facilitámosche información en cada momento do estado do teu pedido.

Nós

Maril

MARIL MÚSICA comeza a súa andaina a mediados de setembro do 2022, coa intención de crear non só unha tenda de instrumentos, senón un espazo especializado na música e cultura galegas. Concibiuse Maril Música como un lugar no que, ademais de mercar o seu instrumento ou accesorio, o cliente poida recibir información e asesoramento personalizado, dende a voz da experiencia e a profesionalidade.

retrato de Ramón Maril

Eu

Ramón Maril

Creada por Ramón Maril Cerquides, músico e docente cunha bagaxe de máis de 30 anos no mundo da música tradicional galega.

Formou parte como director e docente das asociacións Brincadeira, Coto da Nai, Regueifa, Os Emigrantes de Noia, Cantigas e Agarimos, Tequexetéldere, …Como músico, foi membro dos grupos Rumbadeira e Xochilmica.

Na actualidade imparte aulas nos Gaiteiros de Buxantes da asociación Fonte Santa e en Pedras Miúdas de Lires.